A concelleira socialista Ana María Rodríguez Blanco apoia a recollida de sinaturas iniciada por un grupo de veciños e veciñas.

O PSOE apoia a petición veciñal de velorio público en Maceda

A concelleira socialista Ana María Rodríguez Blanco  reuniuse cun grupo de veciños e veciñas do concello de Maceda, quen lle comunican o seu malestar polo prexuízo da privatización do velorio de Maceda. Por iniciativa deste grupo comeza  hai dúas  semanas a recollida de sinaturas, centos ata este momento. Na xuntanza a concelleira socialista transmítelle o total e activo apoio nesta primeira actuación para reivindicar a petición da veciñanza.

“A nosa posición dende o primeiro momento foi clara e rotunda: pedimos a xestión pública do velorio  tanto en rogo en pleno do 28 de xaneiro como en moción o 31 de marzo”, declarou a concelleira.

“Polo tanto, acollemos de grado esta iniciativa e estamos coas persoas que esixen que nos locais públicos se presten servizos públicos”, concluíu.