O equipo de fútbol do Antela, de Primeira Rexional, está a vivir un dos seus peores momentos institucionais.

O Antela busca non desaparecer

Desde que rematara a pasda campaña o equipo non ten directiva, polo que desde a concellería de Cultura, Deportes, Educación Festexos e Xuventude convocan a unha reunión para o vindeiro martes 26 de xullo.

O motivo da reunión é abordar o tema de ver quen pode coller as rendas deste emblemático club. Para elo, convocan o martes 26 ás 20:30 horas no salón de plenos do Concello, e fan un chamanento a todos os interesados en facerse cargo do club.

En caso de que ninguén esté interesado peligra a continuidade do Antela C.F. o que o pode levar a desaparición.