Neste edificio investiranse en total este ano 85.000 euros en obras de mellora por parte do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

A escola infantil de Barrocás será remodelada en agosto

A Escola Infantil “Galiña Azul” de Barrocás será remodelada no seu interior durante o mes de agosto. Por este motivo, o alcalde, Jesús Vázquez, e a delegada territorial da Xunta, Marisol Díaz, visitaron este venres o edificio, cuxas obras de reforma suporán un investimento de 59.800 euros por parte do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

A reforma interior implica unha redistribución das diferentes unidades para acadar un funcionamento máis racional do centro, coa dotación de novos espazos de aseos e melloras como o espazo de comedor e acceso directo desde as aulas ao patio da pranta baixa.

O centro consta de 6 unidades (1 de 0/1 anos; 2 de 1 a 2 anos e 3 de 2 a 3 anos). Ao cambiar a ubicación das aulas de maiores para a pranta baixa, os nenos de esa idade terán moita máis mobilidade, así como espazos máis amplos para o xogo (serán aulas máis grandes).

Deste xeito, o centro pasará de 6 a 7 unidades, ampliando tamén as súas prazas de 91 a 102 cando esté operativa a nova aula de bebés, que será a nova unidade que se incorporará froito de reordenar o espazo interior infrautilizado.

No que rspecta as obras, pintarase o centro e redistribuiranse todas as zonas de aseo de todas as aulas, dorándoas do número de inodoros e lavabos necesarios, incluindo mobles cambiadores con casilleiros e escaleiras. Pecharanse as zonas de aseo con cristal para facilitar a visualización dos nenos nas sulas durante os momentos de cambio de pañal, e dotaranse as aulas con mobles de preparación de alimentos.