O 40% das prazas deste centro están concertadas con Política Social

O centro Geriatros de Barbadás está de aniversario

secretaria territorial da Xunta en Ourense, Silvia Dorado, acompañada polo xefe territorial da Consellería de Política Social, José Selas, acudiu este mércores á residencia de maiores emprazada no concello de Barbadás e que esta semana está a celebrar diferentes actos conmemorativos do noveno aniversario da súa posta en marcha. A secretaria territorial compartiu co equipo directivo e cos residentes a actividade prevista para hoxe consistente nun taller de doces elaborados polos maiores deste centro asistencial.

Esta residencia, xestionada por Geriatros, dispón de 163 prazas das que 65 son concertadas coa Consellería de Política Social. Coincidindo con esta visita, Silvia Dorado apuntou que a procura do máximo benestar e a mellora da calidade de vida dos maiores é un dos obxectivos prioritarios da política social da Xunta de Galicia.