Como ocorrera xa en Francelos a Unión Deportiva Ourense tivo que agardar ata o final para levarse os tres puntos.

UD Ourense - Atl. Arnoia. RAMSÉS.

UD Ourense - Atl. Arnoia. RAMSÉS.

UD Ourense - Atl. Arnoia. RAMSÉS.

UD Ourense - Atl. Arnoia. RAMSÉS.

UD Ourense - Atl. Arnoia. RAMSÉS.

UD Ourense - Atl. Arnoia. RAMSÉS.

UD Ourense - Atl. Arnoia. RAMSÉS.

UD Ourense - Atl. Arnoia. RAMSÉS.

UD Ourense - Atl. Arnoia. RAMSÉS.

UD Ourense - Atl. Arnoia. RAMSÉS.

UD Ourense - Atl. Arnoia. RAMSÉS.

UD Ourense - Atl. Arnoia. RAMSÉS.

Esta vitoria fai que os unionistas manteñan o liderato da Primeira Galicia con 21 puntos, os mesmos que o Bande que venceu nesta xornada ao Maside por 3 goles a 0.

O partido comezou cun forte ritmo por parte dos homes de Antonio Dacosta. Deles foron as ocasións nos primeiros minutos. Fran Martínez, polo flanco dereito do ataque, convertía en perigo todas as internadas. O dianteiro Hugo tivo as máis claras e Cristian cos seus centros inquedaba á defensa visitante.

Hugo lesionabase no xeonllo e tivo que ser substituido por Adrián. Despois o partido sufriu un letargo co que se chegou ao final dos primeiros 45 minutos.

O Arnoia tivo ao filo do descanso algo máis de protagonismo pero sen apenas inquedar o marco defendido por Lucas Sierra.

Na reanudación Dacosta, como nas últimas xornadas, fixo dous cambios nos primeiros minutos do segundo acto. Fran Martínez e Cristian Dacosta cedían a súa posición a Unai e Xaco. Os dous tiveron as súas pero o porteiro Ángel desvaratounas (incluído un man a man con Unai).

Unha fea entrada a Omar caldeou os ánimos dos afeccionados que completaban máis de media entrada no Couto. A Unión foi un martillo pilón e o Arnoia so lle quedaba defenderse como podía.

Ata que na recta final, unha incursión pola banda, de Aitor, e centro encontra en Adrián ao rematador que lograría o gol da vitoria.

Tres vitorias nunha semana que manteñen á UD Ourense ao fronte da clasificación con 21 puntos; eso si, empatada co Bande.

Na terceira posición, con 17 puntos, está o Velle despois da súa vitoria ante o Ribeiro por 2-3. Cuarto é o Allariz, cos mesmo puntos que o Velle, que venceu ao Francelos (2-1).