A Unión Deportiva Ourense logrou a vitoria ante o Monterrei con goles de Cristian Dacosta e Rubén Durán.

Monterrei - UDO. RAMSÉS.

Monterrei - UDO. RAMSÉS.

Monterrei - UDO. RAMSÉS.

Monterrei - UDO. RAMSÉS.

Monterrei - UDO. RAMSÉS.

Monterrei - UDO. RAMSÉS.

Monterrei - UDO. RAMSÉS.

Monterrei - UDO. RAMSÉS.

Monterrei - UDO. RAMSÉS.

Monterrei - UDO. RAMSÉS.

O campo de Rozavales parecía perfecto pero en canto deuse o pitido inicial esa percepción desapareceu. Resbalóns e máis resbalón foi a tónica dominante dos 90 minutos, sobre todo por parte dos unionistas.

Ao ver a tesitura agurabase un partido incómodo para os homes de Antonio Dacosta e así foi. Un Monterrei que non fixo gala durante todo o encontro á posición que o coloca nos postos de abaixo da Liga. O equipo da comarca de Verín aguantou o tempo regulamentario a esixencia de loitar contra un dos chamados ao ascenso. Presionaron todo o tempo e a piques estiveron de sacar algo positivo desta xornada (amén da taquilla grazas aos desprazamentos desde a capital).

O primeiro tanto chegou na primeira parte. Cristian Dacosta recolleu un centro só na área e con tranquilidade batiu ao porteiro rival. Anteriormente Xaco mandou ao pao a ocasión máis clara dos franxivermellos.

Na reanudación os locais non se renderon e buscaron con gañas o gol do empate. Este chegou nun roubo de balón en medio campo e de forte disparo, desde o borde da área, o balón colábase pola escadra da portaría defendida por Lucas Sierra. Un a un e á Unión que lle tocaba remar.

Pouco lle dourou á ledicia aos parroquiáns, xa que Marcos Sotelo -que acaba de entrar no terreo de xogo- deu un pase perfecto a Durán para que este, despois de deixar sentado ao meta, lograra o 1 a 2.

Os do Monterrei continuaron crendo no empate e presionaron a todo campo.

Unai puido sentenciar non man a man co gardamallas, pero este estivo máis acertado co dianteiro; os locais, de falta puideron empatar pero o balón marchou desviado.

Tres puntos que non fan manter o liderato na Primeira Galicia. A goleada do Bande ante A Manchico fixo posible que os de Iván González sexan os novos líderes da competición.

O terceiro, Velle, está a catro puntos dos dous líderes. Maside e Allariz, cuarto e quinto, están con 18 puntos, a seis.