O xogador, Guillermo Hernández, Guille, do Campus Ourense Coosur foi convocado para unha concentración coa selección española sub20 de rugby XV.

Guille, coa selección sub20 de rugbi

Terá lugar en Valladolid a próxima semana do 4 ao 11 de decembro. Natural de Lalin, Guille é un mozo pilier que a pesar da súa mocidade, 19 anos, xa foi convocado noutra concentración sub18 e xogou a nivel nacional en División de honra B co CRAT coruñes e, desde esta tempada, co Campus Universitario Ourense COOSUR.

Esta próxima semana xuntarase con outros 29 xogadores procedentes de diferentes partes de España e do estranxeiro, sendo neste caso o único representante galego. Ten como obxectivo a preparación de Campionato de Europa e do Campionato do Mundo B para preparar o ascenso á máxima categoría.

Guille é un xogador moi traballador e con nivel de xogo bastante alto. Polo que, o bo traballo que leva realizando durante a presente tempada esténdase a esa concentración nacional e permítalle facerse cunha das prazas para formar parte da selección nacional sub20.

Partido contra Oviedo
Ao estar toda a semana, incluído o domingo 11, na concentración, perderase o partido que enfrontará ao Campus contra Real Oviedo Rugby, o sábado 10 ás 16:00 nas instalacións universitarias ourensás das Lagoas.