Durante os sábados 3, 10 e 17 de decembro.

Obradoiro de doces de Nadal na Casa dos Poetas

Os sábados 3, 10 e 17 de decembro a Casa dos Poetas en Celanova acolle novamente un Obradoiro de doces de Nadal organizado pola Fundación Curros Enríquez e o Concello de Celanova en colaboración coa Asociación Cultural As Ortigas. Está destinado a nenos e nenas de máis de seis anos.

O curso terá finalmente unha única sesión de tarde que se desenvolverá na Casa dos Poetas de 16:30 a 18:00 horas.

Baixo a supervisión do cociñeiro Martín Álvarez, os rapaces aprenderán a realizar doces típicos destas datas como turrón de lacasitos, de lambonadas ou de conguitos, polvoróns, guirlache… ademais doutros doces como os suspiros, cake pops, biscoitos ou noces garrapiñadas.

O último día será para os pasteis recheos de mousse de turrón, trufas e figuriñas de mazapán.