O martes 17 dará comezo.

Chega unha nova edición do Proxecto Reinvéntate

O Proxecto Reinvéntate “animación sociolaboral en grupo” que comezarán coa sesión inicial informativa do martes 17 de xaneiro –a partires das 09:30h- na Aula 7 da Casa da Cultura de Xinzo de Limia.

De contar con boa acollida entre as persoas participantes, seguirán durante o primeiro semestre do ano con encontros o primeiro martes e mércores de cada mes en horario de 09:30h a 13:00h.

Programa Ruralempréga-T, orientación e mediación laboral a persoas en risco de exclusión social, do C.D.R. “O Viso”, está subvencionado dende a Subdirección Xeral de Inclusión, Inmigración e Acción Social, da Dirección Xeral de Familia e Inclusión, da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.

Participar
Para participar é preciso solicitar inscrición previa contactando telefónicamente no 988461571, enviando un email ó areasocial@cdroviso.org acudindo directamente ás nosas dependencias da Praza Maior, 1 – 1º A-C, enviando unha mensaxe de Facebook ó
https://www.facebook.com/cdrovisoruralempregat/?ref=aymt_homepage_panel