No número 152 do Barrios Deportivo damos a benvida a un ano ilusionante para o deporte ourensán.

Barrios Deportivo 152

COB, Sala Ourense e Ourense Envialia son as fotos principais da portada, xunto a Xulio Conde, adestrador da Escola JA Hermida de ciclismos, quen nos concedeu unha entrevista.

En fútbol, temos a UD Ourense que vén de realizar a súa asamble ordinaria para rendir contas aos socios; ademais recollemos a última derrota do equipo fronte ao Allariz, a besta negra dos unionistas este ano. E continuando co fútbol, Barco e Barbadás xogan esta fin de semana o derbi ourensán na Terceira división.

En deportes acuáticos a actividade non para en natación, salvamento acuático e sincronizada. O CNPO proclamouse campión galego en homes e subcampión mixto.

O atletismo e outra das actividades que non parou no Nadal. Varias carreiras ao longo e ancho da nosa provincia deron con miles de afeccionados correndo polas rúas da cidade e vilas ourensás; destacada foi a primeira edición da San Silvestre Ourensá que congegou a preto de 1.000 persoas na súa primeira edición.

Rugbi, tenis de mesa, balonmán, ximasia e moito máis, no número 152 do Barrios Deportivo.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha