A mobilización percorrerá, este sábado 21 de xaneiro, desde as 12h do sábado as rúas de Ourense, desde a Subdelegación do Goberno ata a Praza Maior.

Mobilización en contra do CETA

Desde Ourense en Común apoian esta mobilización e fan un chamamanto a participar na protesta contra o CETA, promovida pola Plataforma Cidadá de Ourense Non ao TTIP, o Sindicato Labrego Galego e a organización ecoloxista Amigos da Terra.

Desde a formación política únense a estas movilizacións para demandar ao Parlamento Europeo que vote «non» a este acordo comercial entre a UE e Canadá, que establece as bases para a privatización definitiva dos bens comúns e os servizos públicos, a substracción da soberanía popular, o sometemento de institucións e marcos lexislativos e, en definitiva, a submisión dos dereitos e liberdades fundamentais dos cidadáns aos intereses particulares das grandes multinacionais.

Para OueC, o CETA, que será votado previsiblemente o próximo 24 de xaneiro na Comisión de Comercio Internacional (INTA) do Parlamento Europeo, porá en perigo o emprego, o sector agrícola, os servizos públicos, o consumo, a saúde pública e o medio ambiente; o tratado condicionará as leis polas que nos rexemos, que serán modificadas sen ser obxecto de debate nin asentimento por parte dos parlamentos estatais nin da sociedade civil.

“En Ourense en Común entendemos o comercio e o investimento como contribucións ao ben común, seguindo criterios de xustiza social, económica e ecolóxica; criterios que non se están aplicando no desenvolvemento deste acordo. Asemade, a ausencia de transparencia coa que se están a negociar, vulnera de maneira flagrante o dereito da cidadanía e dos gobernos de ser informados e consultados sobre esta lexislación, que afectará de xeito directo nas políticas locais, e representa un serio perigo para a democracia e a debida protección dos dereitos básicos dos cidadáns.”

30 cidades
Este sábado 21 de xaneiro, nunha Xornada de Acción Global, a cidadanía mobilizarase simultáneamente en máis de 30 cidades españolas e outras tantas europeas en contra deste acordo. En Ourense, a manifestación partirá ás 12h da mañá desde a Subdelegación do Goberno ata a Praza Maior.