O martes 17 deu iniciou a edición do REINVÉNTATE 2017.

“REINVÉNTATE 2017”

“Animación sociolaboral en grupo”, un dos servizos que contempla o Ruralempréga-T (Programa de orientación e mediación laboral do C.D.R. O Viso) que xa celebra a súa cuarta edición.

Baixo o paraugas de risco de exclusión atópanse persoas mozas con escasa experiencia laboral, persoas maiores de 45 anos ás que o mercado laboral comeza a rexeitar, persoas que descoñecen as potencialidades das novas tecnoloxías para formarse e buscar emprego, etc.

Unha das finalidades que se perseguen é empoderalas e aprender unhas das outras nun grupo onde se dá e se recibe. Como foi unha sesión informativa e de presentación invitouse a participar no devir do grupo: que formación lle gustaría recibir, cada canto tempo xuntarnos, en que días do mes lles ía mellor, etc. Puxemos en valor a importancia da “participación” e queremos que sexa o faro que nos guíe.

O vindeiro obradoiro terá lugar o martes 7 e o mércores 8 de febreiro nas instalacións da Casa da Cultura de Xinzo de Limia, previsiblemente, sobre autocoñecemento como primeiro paso para o deseño do itinerario sociolaboral de cada un e cada unha delas.