Venceu a un dos favoritos.

O Auriense mostra as súas credenciais para o ascenso

O Auriense FG masculino foi quen de vencer, na última xornada da primeira volta, a un dos favoritos ao ascenso. O conxunto ourensán logrou a vitoria diante dos Mecos do Grove, polo resultado de 21 (3-12) – 17 (2-11).

O primeiro tempo tivo aos ourensáns como destacados, con tres goles nos primeiros minutos. O segundo tempo, moito máis igualado, permitiu ao equipo visitante achegarse; mais dúas contras e dous puntos a paus locais, puxeron a guinda a un gran partido de fútbol gaélico en Ourense.

Deste xeito, o Auriense sitúase coma líder en solitario, agardando a semana que vén a visita do Keltoi de Vigo, no primeiro partido da segunda volta. Esta vitoria confirma ao Auriense como firme candidato ao ascenso a Primeira división á Liga galega.