Os socialistas esixen que a Xunta interveña para impedir que sete estacións de tren galegas se convirtan en "estacións pantasma".

A socialista Noela Blanco lamenta un novo caso de “marxinación” ao rural co peche de servizos que pode afectar a case 200.000 persoas

A deputada ourensana Noela Blanco preguntoulle ao goberno galego se ten realizado algunha xestión diante do goberno de España para manter o servizo de venda de billetes en todas as estacións de ferrocarril da comunidade, ante o risco de que se convirtan en “estacións pantasma” noutro caso de “marxinación” a zonas rurais ás que obrigan a “baixarse do tren do progreso”, con case 200.000 persoas afectadas.

A socialista apuntou que sete estacións de tren (catro na provincia de Ourense, unha na contorna de Vigo, outra no Baixo Miño e outra máis no sur de Lugo) perigan no novo plan ferroviario de Renfe e Adif para reestruturar o seu servizo de vendas en 2017, segundo alerta o persoal ferroviario “deixando importantes núcleos de poboación sen servizo presencial de información e venda de billetes e implicando, nalgúns casos, o peche das que queden sen persoal”. Blanco alerta de que en moitos casos estes servizos serven para “fixar poboación” en zonas “especialmente envellecidas”.

Blanco lembroulle á conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, a “respionsabilidade moral e de goberno” que ten a Xunta fronte ás decisións do goberno de España, e destacou que estas estacións son “vitais desde o punto de vista social, económico e cultural”, e nalgúns casos, como o de Ribadavia, cun alto valor arquitectónico. Por todo isto reclamou contactos urxentes para impedir o peche destes servizos. Ademais, lembroulle á conselleira que nalgunhas destas zonas “a poboación maior de 65 anos multiplica por tres á menor de 15” e que “nalgúns casos nin sequera hai cobertura”, tras suxerir o goberno galego o uso de internet para mercar billetes.

Adif
Pola súa banda Adif mandou un comunicado que dicía o seguinte:

En relación con las informaciones publicadas hoy en algunos medios de comunicación sobre la suspensión del servicio de venta de billetes en estaciones ferroviarias de Galicia y de León, Adif desea aclarar que no hay ningún cambio en este servicio y que, por tanto, Adif continúa prestando el servicio de venta de billetes en todas las estaciones como hasta ahora. La compañía sigue trabajando en la definición de todos los aspectos del traspaso de este servicio a Renfe, en estrecha coordinación con la operadora ferroviaria y estudiando cada caso de manera individualizada.

Independientemente de este proceso, hay que señalar que los viajeros tienen a disposición diferentes canales para adquirir sus billetes, como la venta a bordo del tren para los servicios de proximidad, o el teléfono e Internet para el resto de servicios.