Ourense en Común realizou onte luns unha rolda de prensa sobre o tema da falta de transparencia do Concello sobre as contratacións.

OueC acusa de falta de transparencia no servicio de contratación

Ledicia Piñeiro comezou dicindo que desde o goberno municipa se negan a explicar os contratos menores do Concello.

A edil explicaba que podía, estos contratos, fracionarse os contratos para non ter a necesidade de facelos públicos. Como exemplo poñía a empresa de limpeza Linorsa que sumou máis de catro meses de impagos as súas traballadoras, e entrou en concurso de acreedores e agora está liquidando. Para Piñeiro, as empresas adxudicatarias considera que teñen un gran poder.

En canto ao contrato de adxudicación para a limpeza de colexios ve inxustificable que non sexa público o concurso de adxudicación do servizo durante dous anos prorrogable a outros dous. «Non nos parece unha boa praxe que se adxudique a través dun concurso negociado sen publicidade, un millón de euros anuais», afirmaba a edil, que continuaba, «é certo que quedou deserto, pero non nos parece unha boa cosa».

A concelleira explica que unha deserto «a porta pechada pódese negociar un subcontrato con empresas convidadas e unha vez que se negocia se sube ata un 10%, o máximo que permite a lei, o prezo de licitación».

Desde OueC aseguran que estás formas de actuar crean dúbidas según «informes de intervención» que sinalan sobre ese camiño.

A solución para o grupo da opoción do Concello de Ourense é «licitar contratos con prezos suficientes, con boas condicións, facelo público; e non negociar contratos a porta pechada con empresas convidadas», remataba a concelleira.