Este mércores ás 20:30 horas no Teatro Principal.

Attaca, no «Enclave de cámara»

O Cuarteto Attacca actuará no Teatro Principal de Ourense este mércores 1 de febreiro ás 20:30h.

Attacca que xa tocara na segunda edición obras de Mozart, Adams e Grieg, esta vez ofrecerannos un programa con Beethoven, coa novísima gañadora do Premio Pulitzer, Caroline Shaw e Schubert e continuarán xira tocando o día seguinte na Socidade Filarmónica de Bilbao.

A pesar da súa xuventude o cuarteto estase a consolidar como unha das principais agrupacións musicais nos Estados Unidos, «Impresionante… unha demostración de madurez alén da idade dos seus integrantes» elóxiaos a revista Strad Magazine.

Formados na prestixiosa Juilliard School of Music, os seus integrantes son Amy Schroeder e Keiko Tokunaga, nos violíns, Nathan Schram quen substituíu hai un ano a Luke Flemming, na viola e Andrew Yee no violonchelo. Foron Cuarteto Residente no Programa de Doutoramento da propia Juilliard entre o 2011 e o 2013, e cuarteto residente no Metropolitan Museum of Art de Nova York na tempada 2014 – 2015.

Desde os seus inicios acadaron recoñecementos como gañadores da 7ª edición do Concurso de Osaka ou o Premio Internacional Listener´s Choice en Melbourne ambos os dous no 2011, tamén no seus inicios o 60º concurso Alice Coleman no 2006 ou o Weill Hall do Carnegie Hall no seu debut profesional no 2007. Tamén Premio Arthur Foote da Asociación Musical de Harvard, Premio Lotos Price in the Arts entre outros.