O prazo permanecerá aberto ata o mércores día 8 de febreiro de 2017 na Concellería de Xuventude do Concello de Ourense (Praza San Martiño,2-baixo) ou a través do enderezo electrónico xuventude@ourense.es.

A Concellería de Xuventude abre o prazo este xoves 2 de febreiro para que todos os interesados en anotarse no proxecto Erasmus+ que desenvolve a área dirixida por Sofía Godoy e que conta coa colaboración da Confederación Empresarial de Ourense (CEO) e a London Business Parthership Limited (LBP) británica.

Serán 55 os mozos participantes (27 de Reino Unido e 28 de Ourense) nun programa que se desenvolverá en Ourense na semana do 11 ao 18 de febreiro de 2017. O prazo permanecerá aberto ata o mércores día 8 de febreiro de 2017 na Concellería de Xuventude do Concello de Ourense (Praza San Martiño,2-baixo) ou a través do enderezo xuventude[arroba]ourense.es.

O obxecto do proxecto consiste en promover un intercambio unilateral de mocidade británica e ourensá durante cinco días nos que compartirán o seu coñecemento e experiencias en torno ás necesidades sociais dos seus respectivos países, visitarán empresas de economía social e participarán no programa Meccano of Social Initiatives, que é un programa de capacitación baseado en dinámicas de grupo e simulacións para que os participantes adquiran competencias necesarias para poñer en marcha unha iniciativa de economía social no futuro.

A CEO porá a disposición o seus contactos de empresas lideradas por mozos, co fin de facilitar encontros ou visitas que enriquezan o intercambio e a súa temática: emprendemento social e xuvenil.

Perfil dos participantes
Os participantes deben ser mozos (15/29 anos) cunha idea de negocio que dea resposta ás necesidades sociais da súa contorna ou que, sendo estes xa emprendedores, queiran aprender sobre as empresas de carácter social

Polo menos un 60% dos participantes deben ter entre 24 e 29 años e un grado universitario ou FP superior. No caso de ser menor de 24, os participantes deben estar cursando a carreira universitaria ou ciclo superior.

Os participantes no programa terán incluídas comida e cea durante os días que se leve a cabo este programa.

Máis información, no teléfono 988 388 154 da Concellería de Xuventude.