O Concello promoveu seis asambleas nas parroquias para escoitar as achegas dos cidadáns ante o novo proxecto do transporte metrolitano da Xunta.

O rural de Barbadás pide acceso ó bús urbano de Ourense, con mais servizos de tarde e fin de semana

Os veciños das parroquias de Barbadás manifestáronse maioritariamente a favor de que a empresa concesionaria do transporte urbano de Ourense asuma tamén iste servizo no concello de Barbadás, cun funcionamento integrado co da cidade e armonizado nas prestacións aos usuarios.

Tamén demandan un aumento nas frecuencias, fundamentalmente durante as tardes e ó longo dos fins de semana, así como a mellora de horarios nalgunhas localidades. Asimesmo, proponen que teñan en conta a xornada laboral e dos institutos, co obxectivo de dar facilidades e posibilitar o incremento do transporte público no concello de Barbadás.

Estas son as principais conclusións extraidas das seis asembleas celebradas en días pasados en outras tantas parroquias do concello de Barbadás, promovidas polas áreas municipais de Mobilidade e Participación Veciñal, que dirixen os concelleiros nacionalistas Xosé Manuel Fírvida e Serafín Núñez, respectivamente. A idea naceu da necesidade de cubrir unha enquisa trasladada pola Dirección Xeral de Mobilidade da Xunta para analizar a situación do transporte en Ourense a partires do día 1 de agosto, data na que cesan todas as concesións públicas de transporte que agora están prestando os servizos, despois de que as empresas concesionarias comunicaran a sua intención de renunciar a istes servizos.

Escoitar á cidadanía
O teniente de alcalde e responsable de Mobilidade valora como “moi positiva a iniciativa de escoitar á cidadanía, pois estamos ante un novo esceario no que imos traballar para acadar un servizo mellor para os residentes nas distintas parroquias dos concellos; esta idea entronca directamente, ademais, coa aposta do noso grupo pola implantación e uso do transporte público como alternativa a masificación do tráfico rodado”, subliña Fírvida. O concelleiro de Participación Veciñal, Serafín Núñez, pola sua banda, destaca “o nivel de participación nas asembleas, así como as achegas feitas polos participantes, que evidencian o interés e a importancia que os veciños conceden ó servizo de autobús”. O concelleiro aclara que nestas xuntanzas non se incluiu o núcleo de A Valenzá, “posto que xa conta con transporte público regular entre a localidade e o centro de Ourense”.

Os edís do BNG comprometéronse cos veciños a repetir as reunións veciñais nas mesmas parroquias unha vez que a Xunta lles traslade o contido do proxecto do novo transporte metropolitano, para que poida ser coñecido de primeira man polos veciños e potenciais usuarios, dada a importancia que supón para as comunicacións e desplazamentos dos cidadáns residentes no concello de Barbadás e que de porse en marcha suporía a culminación dunha vella reivindicación da veciñanza para salvar as dificultades históricas de comunicación con Ourense a través do transporte público, malia a proximidade.