Iria Ollero e Rubén Córdoba participaron en categoría júnior.

Dous judokas ourensáns, no galego de judo

Dous judokas do Marbel partiparon no Campionato de Galicia júnior de judo.

O pasado domingo, 5 de febreiro, disputouse no pavillón Municipal do Restollal (Santiago de Compostela) o Campionato de Galicia júnior de judo, coa participación de dous judokas do Club Marbel.

A ourensá Iria Oleiro tivo unha accidentada traxectoria en -57 quilos. Comezou perdendo contra Andrea Robla (Universidade Santiago). Condenada á repesca, gañou en primeira rolda a Lucía Furtado, tamén do (UDC) e perdeu na loita polo bronce contra Laura Carballeira (Lugo), combate que tiña gañado e deixou escapar por varios erros non forzados.

O tamén ourensán Rubén Córdoba comezou con bo pé en -73 quilos masculina, vencendo por Ippon a Óscar Lage (Oleiros). Na rolda de oitavos caeu contra Ion López Almón (Shiai Coruña).

Actualización de arbitraxe
Ademais, catro Mestres do Marbel participaron o mesmo día nun curso de actualización de arbitraxe: Manuel Montero, Felipe Iglesias, Anita Fernández e Oliver Balvís.