O ente municipal busca adaptarse ao cumprimento da Lei.

O Concello de Verín activa a implantación da Administración electrónica

O concello de Verín dá os primeiros pasos cara á implantación da Administración Electrónica.

EsPublico, empresa líder do sector en apoio e soporte a concellos e administracións locais, foi a empresa seleccionada para levalo a cabo e que, grazas á súa ferramenta Gestiona e ao seu equipo de consultores, encargaranse de implantala no concello nas próximas semanas.

Os consultores da empresa EsPublico xa se encontran realizando unha serie de reunións de coordinación cos traballadores dos diferentes departamentos do Concello para que os novos servizos “on line” poidan ir implantándose progresivamente ao longo das vindeiras semanas.

Desta maneira o ente municipal busca dar cumprimento das Leis 39/2015 e 40/2015, que teñen por obxecto regular as relacións entre as Administracións Públicas e os cidadáns, co obxectivo de implantar unha Administración completamente electrónica e interconectada, e mellorar a tramitación dos procedementos administrativos.

A través da direccion verin.sedelectronica.gal ou os cidadáns terán, unha nova forma de comunicación coa Administración máis rápida, efectiva, rigorosa e accesible, xa que permite a realización de trámites en calquera momento e sen necesidade de acudir presencialmente ao Concelllo de Verín. Para acceder a ela é tan sinxelo como dispoñer dun certificado dixital ou dni electrónico.

Gestiona, ferramenta elixida para implantar a administración electrónica,  integra todos os procesos da tramitación e xestión administrativa dos Concellos, desde o rexistro electrónico dos documentos que entran e saen do Concello, ata a xestión e tramitación de todos os expedientes, co apoio de ferramentas como a firma electrónica, ou o envío de notificacións telemáticas que calquera cidadán ou empresa poderá recibir no seu cartafol cidadán na sede electrónica de cada entidade.