Derrotou ao Nova Xestión por 21 a 27, en Oira.

O Carnes do Ribeira lévase o derbi

A pasada fin de semana xogou no municipal de Oira o derbi ourensán de balonmán entre o Nova Xestión de Ourense e o Carnes Ribeiro de Ribadavia.

Chegaban á cita na quinta posición os locais e na segunda os visitantes, con cinco puntos de diferenza entre ambos.

No inicio de encontro atragantouselle aos pavillonistas o xogo 5:1 dos ribadavienses. Finalizada a primeira metade o marcador reflectia un 11-13 para o Carnes

Nos primeiros minutos da segunda metade os capitalinos estiveron con opcións, pero conforme pasaban os minutos, a distancia era cada vez maior no electrónico a prol dos do Ribeiro.

Desde o Nova Xestión queixanse das malas “artes” dos xogadores do Carnes acusándoos de adicarlles xestos obscenos á bancada. Os visitantes, quedaron nalgún momento, con tres en pista debido ás numerosas expulsión, pero nin así puideron achegarse no marcador. Ao final, vitoria do Carnes do Ribeiro por 21-27.

Vindeira xornada
Esta fin de semana o Carnes do Ribeiro recibe ao líder, Conservas Boya Camariñas, o Nova Xestión visita ao segundo, Culleredo.