O Concello invirte 9.416,22€ en arranxar o pavimento escorregadizo da rúa Dalí.

Traballos de arranxo na rúa Dalí

Despois de realizar en outubro do pasado ano, a actuación dun tramo da rúa Dalí, a concellería de Infraestruturas alertou das sucesivas caídas de peóns por mor do pavimento escorregadizo noutros tramos desa zona.

É por isto polo que o Concello de Ourense, a través da Concellería de Infraestruturas, decidiu intervir nos seguintes tramos, contratando para elo á empresa ourensá Code S.A. por un importe de 9.416,22 euros:
Tramo da beirarrúa en Dalí Nº-13–15; tramo r/Dalí, desde o cruce Jesús Soria ata o cruce Faustino Míguez; tramo Faustino Míguez, desde a r/Dalí ata r/Ensino.

Os traballos consistiron en retirar a capa da superficie e volver a deixar a baldosa nun estado áspero para evitar as caídas.