Desde o grupo nacionalista din que o PP "amordaza ás traballadoras" mentres que OueC piden ao Concello que eviten criminalizar as protestas.

BNG e OueC apoian aos traballadores de Seralia

O BNG puxo de manifesto a súa repulsa pola atitude, según o partido, antidemocrática e represiva do alcalde e do grupo de goberno do PP, que ante o conflicto laboral polo que as traballadoras de Seralia se están mobilizándo martes e xoves diante do Concello de Ourense, no canto de atopar solucións e evitar as perdas adquisitivas e os postos de traballo que o prego de condicións da próxima concesión vai provocar, trata de amordazar ás traballadoras boicoteando torpemente as súas protestas e tratando de intimidalas con presión policial.

O Bloque Nacionalista Galego denuncia que a Policía comezou a identificar ás manifestantes (cada martes e xoves se manifestan) con fins intimidatorios. Ademais de pedir identificación a delegados sindicatos, este xoves, o fixeron con algunhas das traballadoras.

O Concello de Ourense lamentou que nunha das concentracións lanzaran papeis na praza Maior, acusándoas desde o ente público de “falta de sensibilidade” coas súas compañeiras.

O responsable local dos nacionalistas, Xosé Fernández Baltar, pide ao alcalde que asuma responsabilidades e que sexa sensible coas traballadoras e non «escape pola porta de atrás do Concello», como aseguran o portavoz nacionalista.

Ourense en Común
Desde Ourense en Común instan a que o goberno evite a criminalización do dereito á protesta.

«É tremendamente inxusto criminalizar ás traballadoras sen asumir responsabilidades; se se dan estas mobilizacións é precisamente polas prácticas deste goberno, que non fixo o seu traballo en tempo en forma, e aínda hoxe continua alargando no tempo a situación. Convén lembrarlle ao alcalde que o servizo de limpeza de dependencias municipais mantense en precario desde o mes de abril do ano pasado, e que o novo prego xa se pospuxo tres veces «, explicaban desde a formación política.