Despois do gran apoio da cidadanía o plataforma ProCAPD continuará coa súa reivindicación.

Continuará a reivindicación

A plataforma ProCAPD convocou aos medios para agradecer o apoio recibido pola cidadanía ourensá e asegurar que continuarán con actos para seguir coa súa reivindicación.

Desde a asociación se sinten enganados pola Xunta polo que volverán a pedir unha reunión co seu presidente, Alberto Núñez Feijoo, a quen lle pediron unha xuntanza que aínda non chegou. «Nós estamos dispostos a falar pero eles non queren», afirmaban membros da plataforma en alusión ás verbas do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, pedindo diálogo.

ProCAPD móstrase indignada co ente autonómico xa que desde o goberno do mesmo botaron atrás enmendas para ampliación de orzamento do centro que se vai a construir en Ourense. «O orzamento é de 750.000 euros e para un centro con capacidade para 100 internos precisase, alomenos un millón de euros máis», aseguraban membros da asociación.

Incluso para chegar a un entendemento na rolda de prensa aseguraron que están dispostos a que o centro «se faga nalgún dos concellos limítrofes».

O que teñen claro é que seguirán coa súa reivindicación, polo que en próximas datas organizarán máis eventos para que a súa demanda non quede no olvido.