O GMS acusa ao Alcalde e a Concelleira de Comercio de ocultar información aos grupos da oposición ante as graves irregularidades que se están a producir nese lugar.

Os socialistas piden unha investigación sobre a Cafetería La Central

O Grupo Municipal Socialista, tras diversas solicitudes de información sobre a situación da Cafetería La Central, pediron a reapertura dunha comisión de investigación. Os socialistas argumentan que ante o silencio do PP, e o incumprimento reiterado de diferentes ordenanzas municipais, ademais das graves informacións aparecidas nos medios de comunicación, son as causas desa petición.

O PSdeG advirte que a Concelleira oculta información aos grupos da oposición, estos entéranse pola prensa da esistencia dun informe da Policía Local no que di que a terraza do Xardín Xaponés que ocupa esta cafetería infrinxe todo tipo de normativa. No informe, aseguran, que se informa ante a invasión de espazo público, con ánimo de lucro e sen a correspondente licencia municipal de veladores, que ademais supón competencia desleal perante o resto de negocios de hostalaría e a acumulación de cadeiras e mesas pon en risco o acceso ao edificio da Subdelegación de Goberno.

Finalmente, os concelleiros do GMS tamén advirten da falta de transparencia sobre as medidas para iniciar o procedemento de anulación da concesión que foron requiridos tamén nas Xuntas de Área, e que hoxe nos enteramos que o Concello notificou esta semana ás partes afectadas o inicio do expediente de anulación.