O COB non había vencido a Coruña nos tres partidos desta tempada e levaba dúas derrotas consecutivas.

COB - Coruña. /RAMSÉS.

COB - Coruña. /RAMSÉS.

COB - Coruña. /RAMSÉS.

COB - Coruña. /RAMSÉS.

COB - Coruña. /RAMSÉS.

COB - Coruña. /RAMSÉS.

COB - Coruña. /RAMSÉS.

O Club Ourense Baloncesto rompeu dúas rachas negativas no partido contra os coruñeses. Por unha banda corta as dúas derrotas consecutivas e pola outra vence no cuarto partido da tempada -dous de pretempada- ao Leyma.

Os homes de Gonzalo García de Vitoria comezaron algo fríos o encontro indo a remolque nos primeiros minutos. Hittle e Díaz, con sendas triplas, anularon a diferenza; Guerra daba unha lixeira vantaxe no marcador para finalizar os 10 primeiros minutos.

No segundo cuarto, Kapelan levou a vantaxe aos seis puntos. Porén, os visitantes lograron darlle a volta cun 0-7 de parcial. A alternancia nas canastras fixo que o marcador reflectira un 29 a 32 no descanso.

Segundo tempo
E na segunda metade o COB destapou o tarro das esencias. 51 puntos nos últimos 20 minutos para unha vitoria ante un dos grandes da LEB Ouro.

No terceiro cuarto Díaz e Mitrovic gañabanlle a partida a Zach Monaghan e Olmos (os catro máis entonados) para rematar con 58-50 e con 10 minutos por decidir o resultado.

Para rematar o encontro, os de García de Vitoria controlaron os 10 minutos finais, a pesar de que os de Tito Díaz o tentaron ata o final.

Con esta vitoria (81-71) o COB é oitavo con 13 vitorias. A vindeira fin de semana visitan a Marín Peixegalego.