O mediatico divulgador científico.

O IES García Barbón acolleu a charla de Jorge Mira

O IES García Barbón acolleu a charla do mediatico divulgador científico, Jorge Mira. A charla foi moi amena e tratou sobre divulgación científica. Jorge Mira vive a ciencia e sabe contala de xeito ameno e con chispa.

Jorge Mira é doutor en Física con Premio Extraordinario, profesor –catedrático-  da USC –académico correspondente da RAG e membro do Consello da Cultura Galega-. Autor dun cento de publicacións científicas  e premiado en varias ocasións polo seu traballo investigador. Desenvolve un activo labor como divulgador científico. Colaborou na TVE-2, na Radio Galega e no programa “Cifras e letras” da TVG –no que estivo 11 anos-.

O libro de Jorge Mira “A ciencia no punto de mira” –un sabio entretemento- foi o elixido polos Clubes de Lectura deste centro.