O Concello de Verín edita unha edición limitada dunha postal dedicada ao Entroido.

Postal de Entroido

O Concello de Verín editou unha postal prepagada dedicada ao Entroido. O deseño elixido para a postal recolle a figura dos Cigarróns,  principal protagonista dos tradicionais festexos. O obxectivo desta edición limitada é dar a coñecer o Entroido, ademais de servir como vehículo de difusión e promoción da vila verinesa.

Desde hoxe, 600 unidades desta postal -que inclúe o franqueo tarifa A, válido para calquera punto de España-, estarán dispoñibles na tenda oficial do Entroido por 2 euros. Os establecementos comerciais interesados na distribución deste produto poden informarse na devandita tenda oficial (Praza García Barbón).

Para utilizar esta postal non fai falta máis que escribir o destinatario e depositala en calquera oficina e/ou caixa de correos. Ao incluír o franqueo, resultan moi cómodas para poder remitir sen necesidade de comprar selo.

As persoas que o consideren oportuno poden acudir á Oficina de Correos de Verín para que lle lle selen a postal, de maneira gratuíta, co cuño especial dedicado ao entroido, recentemente editado por Correos dentro da serie de cuños turísticos deseñados para colaborar na difusión de lugares e monumentos emblemáticos a través dous envíos postais.

As postais prepagadas son un produto de Correos no que se pode incluír calquera imaxe ou evento que se desexe difundir. O seu carácter de envío postal permítelle tanto viaxar a través do correo como ser un soporte de comunicación e ademais convérteas en obxecto de colección e recompilatorio histórico.