Xa está na rúa o Barrios que este mes ten a novidade de incluir ao Carballiño e comarca nas súas páxinas.

Públicado o número de febreiro do Barrios

Este mes a provincia enteira xira en torno ao Entroido e por iso sacamos un especial do mesmo. A portada está adicada a el no que a foto proncipal é o Domingo Fareleiro de Xinzo de Limia. Tamén teñen o seu protagonisma outras máscaras da provincia para ilustrar o especial.

Pero como non todo é Entroido hai máis temas de actualidade. Así, en Verín rematou a primeira fase do Plan de Seguridade Vial nos colexios. Ademais o Concello estrea administración electrónica.

Na recén estreada sección do Carballiño falamos sobre a polémica que suscitou a posible supresión da venda de billetes na estación de tren do Carballiño. Outras das noticias é a remodelación que sifrirán, este ano, unha ducias de rúas e estradas. O Concello promove unha campaña para sensibilizar aos donos de cans para que recollan as defecacións das súas mascotas.

O pleno de Xinzo levará mocións sobre a couza; a praga que afectou á pataca prantada na zona do Ferrol e a Mariña Lucense. O Concello de Vilar de Santos contará cun orzamento de 782.000 euros e o dos Blancos, cun de 850.000.

Seis colectores de aceites usados implantáronse en Allariz. O Mercado de Inverno terá lugar esta fin de semana.

En Celanova, a CeMIT contou con preto de 1.000 usuarios, entre as 82 actividades formativas. A Fundación Curros Enríquez, quere recadar 900 euros para mercar o libro máis antigo escrito por un celanovés.

En deportes, xa están abertas as inscricións para o OCR de Allariz que chega a súa terceira edición. O Verín e a CRDO de Monterrei celebran os cinco anos de colaboración.

Todo isto e máis no mes de febreiro do Barrios.

Podes consultar todos os contidos no seguinte enlace.