O rival iguálalle na clasificación.

O sala Ourense cae ante o Estradense

O peor partido do Sala Ourense chegou no peor momento. Xogabase moito na pista de Estradense, o seu perseguidor máis próximo na táboa clasificatoria.

Os locais entraron no partido mentalizados polo que se xogaban, e ao minuto xa dominaban marcador. A forte presión do rival era imposible de superar para os de Kike García. As perdas convertíanse en goles e o técnico buscaba solucións, pero estas non chegaban.

Os ourensáns estaban irrecoñecibles no parquet. Faltos desa agresividade que lles caracteriza vían como os goles caían en contra dun en un ata sumar 10. Pola súa banda, o Sala Ourense lograría tres obras de Allariz, Diego e Raúl. A boa nova foi a reaparición de Guerra despois da lesión.

Vindeira cita
O Sala Ournese recibe o domingo 5 de marzo ao Bembrive na cancha central dos Remedios a partir das 12 horas. A próxima semana non hai liga.

 

Carballiño
O Carballiño venceu na casa por 5-1 ao Coruña e sae da última posición. Na próxima xornada enfróntase ao Superti A Pontenova.