En 25 minutos os de Antonio Dacosta xa mandaban no marcador por 3-0.

UD Ourense - Francelos. /RAMSÉS.

UD Ourense - Francelos. /RAMSÉS.

UD Ourense - Francelos. /RAMSÉS.

UD Ourense - Francelos. /RAMSÉS.

UD Ourense - Francelos. /RAMSÉS.

UD Ourense - Francelos. /RAMSÉS.

UD Ourense - Francelos. /RAMSÉS.

UD Ourense - Francelos. /RAMSÉS.

UD Ourense - Francelos. /RAMSÉS.

UD Ourense - Francelos. /RAMSÉS.

UD Ourense - Francelos. /RAMSÉS.

UD Ourense - Francelos. /RAMSÉS.

UD Ourense - Francelos. /RAMSÉS.

UD Ourense - Francelos. /RAMSÉS.

UD Ourense - Francelos. /RAMSÉS.

UD Ourense - Francelos. /RAMSÉS.

UD Ourense - Francelos. /RAMSÉS.

UD Ourense - Francelos. /RAMSÉS.

UD Ourense - Francelos. /RAMSÉS.

UD Ourense - Francelos. /RAMSÉS.

UD Ourense - Francelos. /RAMSÉS.

UD Ourense - Francelos. /RAMSÉS.

UD Ourense - Francelos. /RAMSÉS.

UD Ourense - Francelos. /RAMSÉS.

Despois do apuro da pasada semana, e de varias máis, a unión Deportiva Ourense solventou o partido contra o Francelos en 25 minutos. E iso que poderíase estar falando doutra cousa si os visitantes houberan tido máis fortuna nese inicio de partido.

As accións do Francelos, claras diante de Samuel, non viron a rede rival, porén, os dous primeiros goles locais contaron coa sorte do seu lado. No primeiro, Fran Martínez contou coa axuda dun defense que desviou o balón para que non chegara aos dominios do porteiro Changui. O segundo Aitor lanzou e o balón golpeu primeiro nun rival, despois, no pao e finalmente nas costas do porteiro para que se introducira na portaría. O terceir un golazo de Marcos Sotelo que cabalgou ata a área rival desde campo propio para lograr o terceiro tanto.

E así remataría a primeira metade, cunha UD Ourense que encarrilaba o encontro e un Francelos que viña para coller unha inxección de moral, pero que non ía ser así.

Na reanudación, os unionistas dedicáronse a contemporizar o partido e a buscar as súas opción á contra para ampliar aínda máis a vantaxe. Hugo fixo subir o cuarto cun gran remate desde a área. Puideron ser máis, pero nin Unai, por dúas ocasións, nin Rubén Durán estiveron acertados diante do porteiro rival.

Esta vitoria permite aos de Dacosta manterse a dous puntos do Bande, quen goleou (4-0) á Peroxa. Esta fin de semana non hai Liga pero si un atractivo UD Ourense – Bande nos cuartos de final da Copa Deputación. O encontro terá lugar o sábado 25 a partir das 17 horas.