A Piscina Rosario Dueñas do Pavillón de Os Remedios acolle este sábado o Campionato Galego de Inverno de Base IV, organizado pola Federación Galega de Natación e o Club Sincro Ourense.

O Campionato Galego de Inverno de Base IV, este sábdo en Ourense

Este sábado, 28 de febreiro, e en xornada de tarde celebrarase na piscina Rosario Dueñas do Pavillón de Os Remedios de Ourense en Campionato galego de Inverno de Base IV organizado pola Federacion Galega de Natación e o Club Sincro Ourense. Esta competición foi presentada esta mañá en Os Remedios, onde participou o concelleiro de Deportes, Mario Guede.

Trátase dunha proba de rutinas libres de Equipo na que os participantes realizan coreografías de entre 4 e 8 participantes. Esta categoría engloba aos deportistas de Base maiores de 12 anos de Idade. Na proba participarán 150 nadadoras pertencentes a 9 Clubs galegos.

Os Clubs participantes son Sincro Pontevedra, Sincro Ferrol, Real Club Náutico de Vigo, Acuatic Oleiros, CN Coruña, Aguamarina Sincro da Coruña, AD Náutico de Narón, CNS Rías Baixas e o anfitrión Sincro Ourense. O CN Coruña presenta tres coreografías, o CNS Rías Baixas, Aguamarina, Acuatic Oleiros, RCN de Vigo e Sincro Ourense 2 coreografías cada un e os demais Clubs presentan unha coreografía por Club. En total serán 16 as coreografías que loitarán polas tres medallas en xogo.

Por parte do Sincro Ourense, participan 23 nadadoras distribuídas en 2 equipos. Un deles está formado por Raquel Bravo, Noa Fernández, Sabela Fernández, Lara Fernández, Aldara Fernández, Helena Mociño, Sofía Cid, Ainoa Rodríguez, Sofía Sueiro, Alicia Silva e Alba Laude, e están adestradas por Beatriz Montes. O outro equipo confórmano Lara Santalla, Laura Domínguez, Rosana Rodríguez, Yael de Lorenzo, Iria Vázquez, Adela Igrexas, Andrea Mosquera, Antía Páez, Marta Soto, Uxía López, Sofía González, Ángela Itziar Báeg e Ainhoa Outeiriño, sendo a súa adestradora Andrea Fernández.

Espérase que o nivel da competición sexa alto e que, do mesmo xeito que a tempada pasada, haxa unha especial competitividade entre os equipos máis destacados entre os que se atopa o Sincro Ourense, por ocupar os primeiros postos da clasificación.

A competición dará comezo ás 16.30 e espérase, do mesmo xeito que ocorreu no Campionato Galego de Nivel do pasado sábado, celebrado tamén en Ourense, unha gran afluencia de público, animado pola vistosidade deste estético deporte.