A mostra, “59 citas para unha escultura ausente”, creada especificamente para este espazo, permanecerá exposta ata o 16 de abril.

O escultor Jorge Varela expón a súa obra no Centro Cultural “Marcos Valcárcel”

O escultor Jorge Varela expón a súa obra no Centro Cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación de Ourense coa mostra “59 citas para unha escultura ausente”, creada especificamente para este espazo. Estará exposta nestas dependencias ata o vindeiro día 16 de abril.

En “59 citas para unha escultura ausente” Jorge Varela dispón en lousas rectangulares de mármore rosa portugués con gravacións de referencias textuais en torno ao tema da escultura. A maioría contén no seu título a palabra “escultura”, en cada unha delas no idioma orixinario da cita.

“A mostra fala do proceso que sofre a escultura a partir dos anos 60, é dicir, como a partir dun momento dado a escultura comeza a enunciarse como un elemento negativo”, explicaba o artista.