Logrou a vitoria na primeira proba do Open de España de BTT.

Carlos Canal empeza forte

Gran comezo no Open de España de BTT para Carlos Canal. O ourensán lograba unha clara vitoria na primeira proba do torneo disputada na localidade Valenciana de Chelva.

Canal vencía con claridade ao entran en meta con máis de tres minutos sobre o segundo clasificado. Con esta vitoria o ciclista vístese de líder.

Ademais de Carlos, Saúl López (en elite) facía unha gran carreira rematando na undécima posición; o vencedor foi o francés Koretzky, e o ourensán Pablo Rodríguez lograba a terceira posición. Saúl quedaba ás portas de estar entre os dez mellores e finalizaba sexto entre os españois.

Outros ourensáns
Trala tempada de ciclocross Iván Feijoo facía un meritorio noveno posto. Noela Saa facíase coa sexta posición e Hugo remataba décimo séptimo.