No número 155 do Barrios Deportivo sacamos en portada ao COB e ao Cidade, ademais da UD Ourense.

Barrios Deportivo 155

Tanto Club Ourense Baloncesto coma Cidade das Burgas están, nas súas respectivas ligas loitando, uns para entrar no playoff de ascenso, e as outras, para meterse na próxima edición da Copa de España.

A UD Ourense empatou co Arnoia e alónxase da primeira posición ocupada polo Bande; ademais este equipo sacoulle unha renda de dous goles no partido de ida dos cuartos de final da Copa Deputación.

En BTT, nova tempada para o CC Maceda e os éxitos que continúan en probas autonómicas e nacionais.

A sincro, natación e salvamento acuático tamén son protagonistas nas páxinas deste periódico con diversos eventos nos que participaron os clubs ourensáns.

O Campus Ourense Rugby salvou a categoría e agora busca rematar a tempada o máis arriba posible na División de Honra B.

O Sala Ourense sufre a primeira derrota do ano nos Remedios diante do Mosteiro Bembrive na Terceira división. O Ourense Envialia de Primeira mantense nas primeiras posicións.

En wushu choiva de medallas do Artai no Campionato de España, sendo Ngagne Faye campión de España en Sanda absoluto. E falando de campións, Felipe Iglesias e Christian Álvarez proclamáronse campións nacionais de jiu jitsu.

O 18 de marzo, o campo do campus universitario acolle dous partidos amigables de fútbol gaélico, masculino e feminino, entre Francia e Galicia.

Balonmán, taekwondo, voleibol, tenis de mesa, e moito máis no número 155 do Barrios Deportivo.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha