No Auditorio desde o 30 de marzo ata o 2 de abril.

Seis representacións en Ourense de “The Hole”

O aclamado espectáculo “The Hole” chega ao Auditorio Municipal de Ourense, con seis representacións, desde o 30 de marzo ata o 2 de abril nas que amosará a súa exitosa combinación de circo, burlesque, cabaret, música e humor.

O coordinador da xira do espectáculo, Carlos Alexandre, o actor Austin Guerrero e o técnico da Concellería de Cultura Manuel Freire presentaron este espectáculo, que suma máis dun millón de espectadores en España desde a súa estrea en 2011, percorrendo máis de 70 cidades diferentes e países como Italia, Alemaña, México ou Arxentina, entre outros.

O éxito acadado levou de feito a unha segunda parte Hole 2, e a unha precuela, Hole 0, que actualmente se representa en Madrid, mentres a compañía ultima a súa próxima chegada a Portugal, Inglaterra e Sudamérica.

O espectáculo creado por Letsgo, Yllana e Paco León chega a Ourense contando como mestra de cerimonias con Cristina Medina, actriz, cantante e monologuista popularmente coñecida polo seu papel de Nines Chacón en la serie La que se avecina. Serán un total de 16 actores e 10 técnicos cunha escenografía espectácular que, durante 2 horas e 10 minutos (con interacto) garanten enerxía, emoción, liberdade, moita interactividade e unha “maxia moi especial” entre público e actores, nunha obra que, en palabras de Carlos Alexandre, “ten a intención de recuperar o xénero do cabaret, e de facelo ao grande”

As representacións serán os días
Xoves, 30 de marzo ás 20:30h.
Venres, 31 de marzo ás 19:30h. e 22:30h.
Sábado, 1 de abril ás 19:30h. e 22:30h.
Domingo 2 de abril ás 18:00h.

Prezos: Desde 21,75 euros a 33 euros, segundo a función elixida

As entradas pódense adquirir en www.ataquilla.com