O Goberno Municipal encarga unha análise á Policía Local para primar os peóns na circulación viaria, estudiando a posibilidade de reducir os tempos de espera nos semáforos.

A estudio os tempos de espera nos semáforos

O Goberno Municipal volveu a manter unha reunión entre os responsables de catro concellerías (Seguridade Cidadá, Mobilidade, Voluntariado e Educación), xunto coa intendente xefe da Policía Local e o propio Alcalde, co fin de deseñar as accións que formarán parte da campaña de concienciación que está xa en marcha desde a semana pasada, co fin de previr atropelos.

Neste encontro púxose de manifesto que se vai encargar unha análise á Policía Local para tratar de primar aos peóns na circulación viaria, estudiando a posibilidade de reducir os tempos de espera para peóns en determinados semáforos, así como de limitar a 30 km/h determinadas vías. Ambas consideracións serán analizadas polos técnicos para planificar a súa viabilidade.

Tamén se fixarán, en colaboración coa Policía Local, as zonas e puntos máis conflictivos no tocante ao tráfico para enviar alí voluntarios que reforcen a campaña de sensibilización e información que ten en marcha a Policía Local.