O empate do Sala Ourense ante o Pazos de Borbén (1-1) o alonxa da loita polo título.

Un empate sen recompensa

A Sala Ourense e o Pazos de Borbén  empataron un partido cuxo resultado non beneficia a ningún dos dous equipos. Os locais descólganse da loita pola Liga e os visitantes perden o primeiro posto.

O partido foi duro, disputado, intenso e moi igualado. Empezou co guión previsto, o Pazos con presión en tres cuartos de campo e o Ourense con defensas alternativas. Os dous equipos utilizando as súas armas creaban perigo na porta rival; os ourensáns tentando impor a súa calidade para controlar o balón e o partido, e os pontevedreses tentando xogar con transicións rápidas, que é onde mellor se desenvolven. O duelo estaba tan igualado que se chegou ao descanso con 0-0 no marcador.

Na segunda parte a Sala Ourense saíu mellor co rival. Aínda que os visitantes gozaron dalgunha ocasión, o maior número delas e máis claras foron dos ourensáns. Porén, os de Kike García perdoaron en exceso nesta fase de partido.

Guerra, cun disparo de volea no minuto 28 de partido, si acertaba coa portaría, corría o minuto 28. En partidos tan igualados son os pequenos detalles os que marcan a diferenza; e neste non foi menos. Un despiste e ao traste todo o traballado ata o momento. Un erro que pagaron moi caro. Mentres os xogadores locais se quedaron protestando unha falta, os visitantes puxeron o balón en xogo moi rápido. Isto fixo que se quedaran sós diante de Rubén e empatarán no ecuador da segunda metade.

Ata o final, o Sala Ourense o tentou con máis corazón que cabeza e desquiciados cos árbitros, o que non lles valeu para modificar o marcador. Kike buscaría a vitoria co xogo de cinco, os visitantes desaproveitaría un dobre penalti, pero o marcador non se movería. Empate a un que deixa descontentos aos dous equipos.

Agora comanda a clasificación na Terceira división A Estrada con 48 puntos, seguido do Pazos de Borbén, con 47. O Sala Ourense é terceiro con 43. Faltan catro xornadas para que remate a Liga e aos ourensáns tan só lles resta xogar tres partidos (teñen a vindeira fin de semana a súa xornada de descanso). Difícil situación para poder loitar polo título, xa que os seus rivais xa tiveron a xornada de descanso. O seguinte encontro será o 1 de abril contra o Coruxo en Vigo.

Antes do encontro o Sala Ourense presentou a todos os equipos da súa base.

Carballiño
O Carballiño ten complicada a súa permanencia na Terceira división. Esta xornada descansou e sitúase a catro puntos do seguinte na clasificación (o Casás que ten un partido menos que os de Arenteiro). A vindeira xornada visitan ao Santiago Futsal B.