A Unión Deportiva Ourense, de gañar a vindeira xornada ao Velle festexaría o ascenso.

Antela - UDO. /RAMSÉS.

Antela - UDO. /RAMSÉS.

Antela - UDO. /RAMSÉS.

Antela - UDO. /RAMSÉS.

Antela - UDO. /RAMSÉS.

Antela - UDO. /RAMSÉS.

Antela - UDO. /RAMSÉS.

Antela - UDO. /RAMSÉS.

Antela - UDO. /RAMSÉS.

Antela - UDO. /RAMSÉS.

A vitoria da UD Ourense xunto a derrota de Ribeiro e Velle esta fin de semana supón que os unionistas poidan celebrar, en caso de vitoria ante o Velle, o ascenso de categoría na vindeira xornada. O Bande xa celebrou o ascenso.

Sete xornadas sobráronlle aos da Baixa Limia para un ascenso que tiñan marcado a lume esta tempada. Incrible o dun equipo que conta cuns rexistros inusuais nesta categoría. A vitoria, non sen apuros, diante do Ribeiro, supuxo o final do camiño antes de tempo. Merecido ascenso dun equipo que dará guerra o ano que vén na Rexional Preferente.

A UD Ourense pode seguir os mesmos pasos a próxima fin de semana. Todo de cara para un conxunto unionistas que terá na casa a primeira oportunidade de sumar o terceiro ascenso na súa curta historia. De non conseguilo nesta xornada no Couto, quedarán seis partidos máis para certificar o que todos esperan. Subir de categoría é cuestión de tempo.

En canto ao partido entre Antela e Unión Deportiva Ourense no campo da Moreira, os visitantes non estiveron cómodos en ningún momento do encontro. A pesar de que o campo era propicio, unha alfombra verde, para o xogo dos de Antonio Dacosta, estes, apenas despegregaron un gran xogo. A pesar de contar con máis tempo o balón nos pes dos capitalinos eran os da Limia os que tiñan máis perigo. Concretamente nunha ocasión que enviaron un balón ao pao.

Sen máis ocasións rematou a primeira metade e comezou a segunda. Na reanudación, os locais continuaban coas súas chegadas a portaría contraria, que non se materializaban en gol. O que si estaría acertado sería Fran Martínez na portaría contraria. O centrocampista recollería o balón na área, e cun gran recorte e disparo lograba o único tanto da tarde.

A partir do gol, os franxivermellos tiveron máis espazos. Pola súa banda, o Antela o tentou ata o final; algún susto pero o marcador non se movería.

Os adestradores
Antonio Dacosta recoñecía que non tiveron o día. Querían buscar as costas dos rivais e darlle profundidade ao campo pero non eran capaces. En canto ás numerosas lesións, Dacosta comentou que Julio e Senén tiñan molestias, ao igual que Unai. Ademais, Hugo -que tamén arrastraba molestias- rompeu definitivamente.

Pola súa banda, o técnico do Antela, Julio Rodríguez, lemantabase de que o seu equipo tiña que facer moitas ocasións para poder marcar. A pesar da derrota estaba contento polo traballo dos seus xogadores que saíron reforzados deste partido. Rodríguez felicitou ao seu rival e desexoulle que suban o máis pronto posible, xa que “nunca debería haber baixado”.