O Concello avanza na elaboración do programa da Semana Grande, que este ano se celebrará do 24 de xuño ao 1 de xullo.

As Festas de Ourense descubren o seu cartel con ‘Sweet California’

As Festas de Ourense 2017 xa teñen a súa primeira confirmación. O trío «Sweet California» actuará no Xardín do Posío para achegar ao público ourensán o mellor do seu repertorio. Está formado por, ata agora, tres álbums que acumulan éxito tras éxito nas listas de vendas, discos de ouro e platino, con máis de 100.00 copias vendidas, que converten a este grupo pop feminino nun dos maiores fenómenos musicais da actualidade no noso país. A cita, enmarcada na xira Ladies´Tour será o día 30 de xuño ás 23:00 horas e as entradas sairán á venda nas vindeiras semanas.

Con esta primeira confirmación, a Concellería de Cultura avanza na formación dun programa de festas que este ano se celebrarán nas últimas datas do mes de xuño, desde o sábado, día 24, ata o sábado, 1 de xullo.

Sweet California
Sonia Gómez, Alba Reig e Tamy Nsue forman na actualidade o trío Sweet California que, en apenas tres anos pasou de ser unha promesa a converterse nunha formación consolidada, moi especialmente entre o público adolescente e xuvenil en España, que abarrota os seus concertos, e que suma con cada vez máis seguidores tamén no estranxeiro.