Agro + Verín, Feira do Libro, Feira de Artesanía, ofertas gastronómicas, exposicións no Claustro dos Mercedarios, BTT, natación e actividades de ocio concéntranse na fin de semana.

Medio cento de actividades para “recuperar o esplendor de antano” no Lázaro de Verín

O Lázaro 2017 de Verín, aglutina máis de medio cento de actividades de todo tipo para “recuperar o esplendor de antano” desta festa patronal de Verín.

Drones que sulfatan as viñas, Feira do Libro, apertura ó público do Claustro dos Mercedarios, BTT e atletismo e menús especiais de bacallau e cabrito -tamén extendidos ao pincho xoves- conforman a oferta para os días 1 e 2 de abril -estes sábado e domingo-.

Desde o Concello de Verín pretenden “recuperar o esplendor de antano, cando ducias de autobuses tomaban a vila” dixo Diego Lourenzo, tenente de alcalde, “é a intención deste Lázaro multicartel, con máis de medio cento de actividades por toda a vila, para tódos os segmentos de público e tódalas idades” que se desenvolverán dende o venres á noite a durante toda a fin de semana.

O alcalde, Gerardo Seoane, quixo destacar a aposta pola primeira feira Agro + Verín, que se desenvolverá no Pavillón dos Deportes, e que se centrará nas innovaciónas tecnolóxicas no sector agrario. “É unha feira ao revés”, dixo, “na que as innovacións incentiven ós empredendores sobre o camiño a seguir”.

Destacou a presencia de drones específicos para a tecnoloxía vinícola, con control de plagas e tratamentos fitosanitarios, que estarán presentes na feira. Ademáis, fixo un chamamento a todos a participar nas actividades deportivas e culturais, verdadeira novidade deste Lázaro, como a feira do libro ou a apertura da exposición temporal da colección privada de Fernando Barreira nos Mercedarios, “primeiro paso para a creación dun museo de Verín neste espazo”.

Praza da Mercé
A praza da Mercé, epicentro da Cultura, o Arte e a Artesanía das festas do Lázaro. Durante os días 31 de marzo, e 1, 2 de abril, a Feira do Libro de Verín, a mostra inédita do artista local Fernando Barreira e unha feira artesá converterán a Praza da Mercé de Verín no epicentro da cultura, a arte e a artesanía e a cultura nestas festas do Lázaro.

Deportes
O deportes estará moi presen no Lázaro de Verín: natación, carreira a pé e BTT as propostas do concello.

A competición de natación celébrase o sábado 1 de abril, ás 10 horas na piscina climatizada do Concello. Participarán nadadores sen ficha federativa das categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete.

O domingo 2, ás 10, terá lugar a “II Carreira do Lázaro”, pola zona da Preguiza, Vilela e o Casco Antigo de Verín. Haberá participantes de categoría cadete, infantil, alevín, benxamín, prebenxamín e pitufos.

Tamén o domingo ás 10 será a II Ruta BTT das Festas do Lázaro, con saída na Praza García Barbón e percorrido de 47 km (10 horas). Está considerada de nivel medio.
A maiores programouse unha ruta opcional de 20 quilómetros, enfocada ao goce familiar. Para participar será necesario inscribirse, de balde, no 649 439 934.

Degustación de bacallau
A Asociación de Hostaleiros dá Comarca de Verín promove, coa colaboración do Concello de Verín, a sétima edición de «Exaltación de Bacallau e Cabrito» co fin de promocionar os produtos tradicionais da comarca. Estes menús especiais, cuxos prezos oscilan entre os 15 e os 25 €, estarán dispoñibles durante as dúas xornadas  da Feira do Lázaro.

Por outra banda, a partir do xoves 30 de abril e durante as festas, os establecementos* de AEHCOM adscritos a iniciativa ofrecerán unha degustación de pinchos baseados en bacallau e cabrito no “Pincho Lázaro”, edición temática do tradicional “Pincho Xoves” de Verín.