Música, mercado e máis actividades do 13 ao 16 de abril.

Allariz presenta a súa programación para Semana Santa

O Concello de Allariz vén de presentar a programación ocio cultural para esta Semana Santa. Música, mercado e máis actividades estarán no programa.

A música estará presente no casco histórico da vila. Os horarios serán de 12 a 14 horas e de 18 a 20 horas. Actuarán: Sofía Espiñeiro; Andrea Bauart; Miguel Alonso; Camela Cafuné; Tino e Benjamín e Beatriz Martínez & Langarika.

Mercados
Os días 14 e 15 estará aberto o mercado da reserva da biosfera (de 10 a 14 hoas). O mercado artesán, do 13 ao 16 en horario de 11 a 21 horas; no patio do Museo do Coiro. E o mercadiño do libro vello estará aberto o 15 de abril, na praza Maior de 11:30 a 20 horas.

Outras actividades
Haberá, ademais, xogos tradicionais para nenos o 14 e o 15. Tamén haberá visitas ao centro de educación ambiental “O Rexo”, e ao Castro de Armea e San Salvador.