O concerto terá lugar este mércores, ás 20:30 horas, no Teatro Principal.

O «Enclave de cámara» regresa con Juan Pérez Floristán

Regresa o «Enclave de cámara» con outra das grandes promesas da música clásica actual, o pianista sevillano xa afincado en Berlín Juan Pérez Floristán. Será no Teatro Principal de Ourense o mércores 5 de abril ás 20:30h.

Para o alumnado do Conservatorio e persoas interesada, ofrecerá un encontro co público esa misma tarde ás 16h no Conservatorio Profesional de Música de Ourense.

O recital que propón é unha viaxe desde o intimismo que amosa “Anos de peregrinacións” de Listz, o desalento vital que transmite a Sonata nº 2 de Chopin ate a renovación musical que ofrece “Cadros dunha exposición” de Mussorgski a través do virtuosismo deste novo talento.

O prezo da entrada é de 5 euros.