José Javier Gómez Iglesias y Miguel Carballo González del Triourense y Felipe Iglesias Mira.

Tres ourensáns en la BTT Powerade Race

O domingo 2 de abril, tres ourensáns desprazáronse ata a cidade de León para participar na proba de BTT Powerade Race que, na súa terceira edición e co seu 80 km de distancia na ruta longa e un desnivel positivo de 1.200 m, consolidouse entre as grandes probas de fondo en bicicleta de montaña no norte de España, conseguindo a cifra de 1.200 inscritos para esta edición.

José Javier Gómez Iglesias e Miguel Carballo González do Triourense e Felipe Iglesias Mira representando ao Esprintes Ourense tomaban a saída ás 9:00 horas dunha fría mañá, con só 2ºC, entre un nutrido grupo de ciclistas onde destacaban algúns coñecidos como Óscar Pereiro, Julen Zubero, Paco Mancebo, Eleuterio Anguita ou Peio Ruiz Cabestany.

Unha proba perfectamente organizada, cun percorrido ben sinalizado bastante rodador que, aínda que non presentaba moita dificultade técnica, tiña o seu punto débil na presenza de numerosas pedras no trazado o cal, segundo ían pasando os quilómetros, repercutía na resistencia física dos participantes.

O primeiro ourensán do grupo foi José Javier Gómez que chegou a meta en 4 horas e 2 minutos no posto 259, seguido de Miguel Carballo cun tempo de 4 horas e 8 minutos no posto 277, e finalmente, Felipe Iglesias que terminou en 4 horas e 56 minutos no posto 504.