UD Ourense e Bande enfróntanse este domingo -17:30 horas- no Couto para aclarar un pouco máis quen será o campión da Liga.

A Liga decídese no Couto

O partido máis decisivo desta tempada na Primeira Galicia xógase este domingo no estadio do Couto. O Unión Deportiva – Bande da 30ª xornada será determinante, pero non definitivo, de cara a saber que equipo se alzará co título.

O Bande leva dous puntos de vantaxe sobre os unionista; 76 por 74 puntos, respectivamente. Unha vitoria visitante deixaría practicamente sentenciada a liga a prol dos da Baixa Limia. Un colchón de cinco puntos sería, a falta de catro xornadas, unha renda casi insalvable para os capitalinos.

Pola contra, a vitoria da UD Ourense faría que se colocaran líderes os de Antonio Dacosta por un punto. Esto suporía chegar ás catro últimas xornadas con todo por decidir. O conxunto ourensán podería celebrar o terceiro título consecutivo. E o empate beneficiaría aos de Iván González.

Desde a directiva da UD Ourense piden o apoio da afección. Fan un chamamento para volver a encher a tribuna do estadio “como xa fixeron noutras ocasións”, comentaba o presidente do club, Modesto García.

A pesar de que o ascenso -obxcectivo principal- xa está logrado, “calquera cousa que veña a maiores será un premio”, apuntaba o presidente con respecto á posibilidade de acadar o campionato ligueiro. Para este encontro mantense o prezo da entrada en 5 euros. Patrocinadores, xogadores da base e ex xogadores do primeiro equipo están invitados ao partido.

Haberá, coas rifas, tres sorteos: bono de Caldaria, con aloxamiento dunha noite, almorzo, e circuíto termal; un xamón de Coren e un lote de camiseta histórica de CD Ourense e tres cervexas artesás da UD Ourense.

Antes do comezo do encontro Julio Martínez e Cris recibirán o trofeo como mellores xogadores do mes de febreiro.

Feminino
O equipo feminino da UD Ourense recibe este domingo en Velle ao Alertanavia. O encontro disputarase a partir das 12 horas.

Copa
Despois do domingo, o xoves xogan o partido de volta dos cuartos da Copa Deputación. Será no Outeiro e os locais parten cunha vantaxe de 0-2 trala disputa do partido de ida no Couto.