Este domingo, 9 de abril, celebrase na localidade ourensá a terceira proba do Campionato de España de Cross Country de motociclismo.

Cross Country no Irixo

O Concello do Irixo acollerá esta tralas dúas xa disputadas este ano en Guadalaxara e Ablitas.

Os pilotos percorrerán un traxecto de 12 quilómetros por camiños e pistas forestais. “Ata o momento contamos con 44 inscritos pero, os interesados en participar aínda poden inscribirse, fóra de prazo, na páxina da Federación”, explicou Jose Canda, presidente da Federación Galega de Motociclismo. As categorías convocadas son: Sénior, Junior, Sénior B 2T, Sénior B 4T, Máster, Veterano e Feminino.

A programación comeza o sábado, 8 de abril, desde as 16.00 ata as 18.00 horas, poderán pasar, de maneira oficial, as verificacións administrativas e técnicas. Isto tamén se poderá facer ao día seguinte de 8.00 a 9.30 horas. Ás 9.45 horas do domingo, farase o briefing para os pilotos, ás 10.15 horas a volta de recoñecemento e ás 11.30 horas arrancará a carreira. Unha vez finalizada a carreira será o momento da entrega dos trofeos desta terceira proba do nacional de Cross Country.