Christian Álvarez e Rubén Córdoba, en judo e jiu jitsu, respectivamente.

Dous ourensáns do Marbel en campionatos de judo e jiu jitsu

Este sábado, 8 de abril, disputarase no Pavillón Municipal de Lugo a Fase Sector Oeste, competición previa á Fase Final do Campionato de España de judo, co concurso do ourensán do Marbel, Christian Álvarez na categoría de +100 quilos.

A Fase Sector Oeste reúne en Lugo ás comunidades galega, asturiana, cántabra e castellanoleonesa. O ourensán integra, xunto a outros 45 judokas, a selección galega, en loita por unha praza na fase final. Tamén participará a viguesa Aida Sánchez, federada polo club Famu pero que se adestra no Marbel durante a semana.

Tamén este sábado, na localidade de Manzanares (Cidade Real) disputarase a Copa de España de Jiu Jitsu. Ata alí desprazarase o ourensán do Marbel, Rubén Córdoba, quen competirá na categoría de +69 quilos sub18, tras o seu bo papel realizado no campionato galego.