Deseña o proceso de participación cidadá para a mellora da calidade ambiental e a mobilidade para a pacificación do tráfico e a integración da bici no casco urbano (Móvete por Ourense) vén de decidir un calendario de charlas explicativas abertas a toda a cidadanía.

A comisión técnica do ‘Móvete por Ourense’ buscará imaxe e implicar o máximo número de axentes sociais

A comisión técnica para abrir un proceso de participación que axude a pacificar o tráfico e a mobilidade na cidade, integrada por representantes de todos os grupos políticos con representación no Concello de Ourense, técnicos de Infraestruturas e de Medio Ambiente, e a consultora ourensá de arquitectura e de urbanismo Urba+, vén de dar un novo paso no camiño de humanizar o mapa da cidade.

Móvete por Ourense, nome inicial deste proceso, buscará imaxe e nome para presentarse en sociedade, pero tamén fixou as datas para comunicar entre a veciñanza o seu proxecto.

Mentres se traballa na redacción definitiva das bases para o concurso da imaxe (logotipo e nome do proceso Móvete por Ourense), a comisión técnica anuncia as datas das charlas explicativas, inicialmente a través dos centros cívicos da cidade: o vindeiro 11 de maio no CC. da Ponte, o 18 no CC. de Mariñamansa e o 24 no CC. de Colón. “O que se busca”, en palabras do concelleiro José Araújo, “é a máxima participación e implicación dos axentes sociais”. Apuntouse, durante a reunión, a colectivos estratéxicos no futuro deseño do modelo de cidade coma o do comercio e de colectivos con presenza ou competencias no tráfico.