No número 157 do Barrios Deportivo a portada está adicada ao rugbi, fútbol sala, fútbol e baloncesto.

Barrios Deportivo 157

O Campus Ourense Rugby rematou unha brillante tempara para o conxunto ourensán na División de Honra B sendo quinto.

O derbi ourensán de Primeira división de fútbol sala disputarase o 22 de abril. A UD Ourense despídese do título de Liga ao caer derrotado diante do Bande por un gol a tres. E o COB está practicamente clasificado para participar no playoff de ascenso.

En BTT, Iván González rematou quinto na UCI Júnior Series de Marsella. Os seus compañeiros de club están despuntando no Open de Galicia e en probas como a Taça de Portugal.

En atletismo regresa o circuíto de carreiras populares «Correndo por Ourense»; a primeira cita, no barrio do Vinteún o 23 de abril. Manuel Hurtado e Ariana González proclamáronse campións galegos de 10.000 en pista. O 30 de abril celébrase na rúa do Paseo a I milla urbana solidaria.

O Sala Ourense despediuse con vitoria dos seus afeccionado por esta tempada. 6-2 venceu ao Bueu, a falta dunha xornada para o final da tempada.

En fútbol, Arenteiro e Ourense C.F. loitarán ata o final para ascender á Terceira división. A Copa de campións xuvenís disputará as semifinais e final no estadio do Couto a primeiros de maio.

En deportes acuáticos, o Salvour comezou a Liga galega de salvamento acuático en augas abertas. O Club Natación Pabellón Ourense está nun momento de moita actividade con infinidade de competicións.

Kung fu, ciclismo, cabalos, taekwondo, tenis de mesa e moito máis no número 157 do Barrios Deportivo.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha