Celébranse a VIII Copa Galiza internacional de trampolín e o IX Torneo Primavera de ximnasia rítmica.

Ourense será a capital da ximnasia esta fin de semana

Os días 21,22 e 23 terá lugar no Pazo dos Deportes Paco Paz, a VIII Copa Galiza Internacional de Trampolín.
Reuniranse no Pazo, saltadores e saltadoras de distintas comunidades: Cataluña, Castela A Mancha, País Vasco, Castela León, Madrid, etc. E acuden tamén ximnastas de Holanda e Portugal polo que se conformou ademáis unha competición triangular de federacións.

Os pavillonistas Lucas Domuro Arias e Maria Salas Cid foron seleccionados pola Federación Española de Ximnasia para competir representando á Federación Española neste triangular.

IX Torneo Primavera de ximnasia rítmica
Arredor de 500 ximnastas convocadas na cancha Central do Pavillón dos Remedios en competición a distintos niveis. De 10:30 a 14:00 e de 10:15 a 18:30h do domingo, día 23, disputarase na cancha Central do Pavillón dos Remedios o IX Torneo Primavera de Ximnasia Rítmica. Desenvolverase competición nos niveis Promoción, Base e Federado así como tamén a Liga Iberdrola. O Torneo conta coa oficialidade da Federación Galega de Ximnasia.

Acoden clubs de toda Galicia e da comunidade veciña, Asturias. Na xornada de mañá desenvolverase a exhibicións de nivel escolar con participación de escolas da provincia, a competición de conxuntos de promoción e os individuais de Base. Xa pola tarde terá lugar a competición individual federada e de promoción e a Liga Iberdrola.

Neste campionato mediranse os distintos clubs cara o Campionato Galego individual e de clubs que se celebrará en maio e o campionato galego de promoción, e os distintos campionatos de España que se sucederán.